sen pés...

 ekinocio

nin cabeza...

 ekinocio

... ou quizais cos pés na terra e as cabezas sempre argallando...

Son Irene e Raquel. E ao igual que o día e a noite se equilibran no equinoccio, complementándose, para durar o mesmo esa xornada, tamén elas se complementan á hora de darlle ao maxín.

Unha aporta orde e constancia, a outra un pouco de caos. Unha escribe contos imaxinarios e a outra historias que lle acontecen a diario. Unha tenta pintar nun caballete, a outra nun cuaderno cunha pequeniña ao seu carón. Unha tenlle medo aos lagartos e a outra ás tronadas. A unha gústalle o chocolate escuro e á outra de calquera forma. Unha comprende o «castúo» e a outra dalle algo ao «english». Unha pranta leitugas na horta e a outra goza comendo ensaladas. A unha gústalle planchar e a outra vai sempre enrugada. A unha encántalle un bo gin-tonic e a outra prefire unha copa de xeado. Unha bebe sempre té e a outra dalle tamén ao café. Unha calceta e a outra fai flores con botóns....

Mais hai cousas que as dúas teñen en común. Principalmente, a ilusión por todo aquelo que fan. Apostan pola amizade, polo intercambio e as sinerxias. Son inconformistas, vitais e dinámicas. Tentan aprender de cada proxecto para seguir mellorando. Encántalles a cor verde. Gozan das pequenas cousas do día a día. Ás veces son teimudas, e sempre loitadoras. Todos os días teñen un sorriso para regalar. Gústalles compartir e debatir ideas cos clientes, e procuran a sinceridade por ambas partes.

Agora mesmo están a...

...participar no CaféDturno cun grupo de xente moi interesante e variopinta, facendo un montón de cousas divertidas relacionadas co deseño.

...formar parte da DAG, porque cren na dignificación da profesión e na mellora desta.

...escribir en Letra en Obras, para promover a literatura en galego.

...xerar contidos para o wononom.