A enerxía non se crea nin se destrúe… só se transforma! E isto é xustamente o que vai pasar con ekinocio.

Logo de 17 anos de proxectos compartidos, Irene e Raquel continuaremos desenvolvendo a nosa profesión cada unha pola súa banda para poder xestionar as nosas enerxías e o noso tempo dun xeito máis óptimo, seguir formándonos nos nosos respectivos eidos de interese e poder acometer proxectos personais con maior liberdade.

Desde ekinocio agradecemos a confianza depositada en nós durante estes anos e esperamos seguir contando con ela cando nos atopemos nesta nova andaina. Sodes parte da nosa traxectoria e levaremos sempre con nós cada unha das iniciativas e proxectos nos que traballamos man a man con vós. Isto para nada é un adeus. É só un cambio.

Mentres dedicamos o verán a reorganizarnos e darnos un merecido respiro, podedes atoparnos nos seguintes teléfonos de contacto (as nosas contas de correo electrónico estarán en activo ata setembro cando vos facilitaremos os nosos novos enderezos):

Irene García: 678 444 203
Raquel Boo: 616 296 299

Quedamos á vosa disposición como profesionais do deseño e a comunicación e como cómplices en novos proxectos.